domingo, 5 de maio de 2013

Exposicion en A FORMIGA NO CARREIRO,durante Maio e Xuño

Durante os meses de Maio e Xuño esta tendo lugar unha exposicion dos meus traballos en A FORMIGA NO CARREIRO,na Rua dos ferreiros,no centro de Pontevedra.
Na exposicion podes atopar aneles,pendentes e colares feitos en prata e tamen con outros materiais como cobre,madeira,ouro e pedras semipreciosas.
Para mais informacion podedes ollar na web: www.aformiganocarreiro.net


TEMPADA 2013:PROXIMAS FEIRAS

do 10 ao 12;festival WOMAD,en caceres.sempre e un grande placer volver cada ano a este festival de musicas do mundo,ao cual levo acudindo mais de 10 anos.
do 17 ao 19;II edicion da feira medieval de valdoviño.o ano pasado encantoume esta pequena feira polo bo ambiente e boa acollida que tivo.
24 e 25;Festival de Cans,en Porriño.Este festival de cine tan especial acolle dende fai uns anos un mercadiño de artesania.Vai ser a primeira vez que vou participar na feira,ate agora sempre fun como publico.
Tamen queria comentar que onte rematou a feira da primavera do barrio S. Pedro en Santiago.despois de 3 anos sin asistir a esta feira  encantoume comprovar que sigue bulindo de bo ambiente,este ano coa ampliacion da feira a rua Concheiros.
Para o mes de Xuño ainda non temos pechadas todas as datas,xa vos iremos informando mais adiante.