martes, 9 de xuño de 2009

OBRADOIRO ARCO DA VELLA

HISTORIA
A actividade que desenvolvo ten a consideración de actividade artesanal xa que segundo
a Lei de Artesanía de Galicia é unha actividade económica que supón a creación de
productos de valor artístico ou popular nos que a intervención persoal constitúe un factor
predominante e o producto final é individualizado.
O meu contacto coa artesanía xorde a partir dunha viaxe a México, na que coñezo a
artesanía popular mexicana (artesanía das culturas maias e aztecas) e as pedras
preciosas: ámbar, ópalos, jade . . .
De volta a Galicia xurdíu a posibilidade
de dar forma ás inquedanzas nacidas
en México e a partir de aquí inicio unha
formación na actividade de pratería, e
concretamente neste eido, polo
coñecemento das pedras preciosas e
de cómo traballar con elas.
O traballo que realizo é moi
autodidacta, froito da experimentación e
contacto con outras persoas artesanas
que me transmitiron a súa experiencia e
coñecementos dun xeito máis informal.

MATERIAIS
Básicamente os traballos realizoos en prata aínda que tamén emprego outros materiais
como ouro, cobre ou latón.
Predominan os traballos realizados con pedras preciosas ou semipreciosas, entre as que
destacan: turquesas, amatistas, malaquitas, rubís, turmalinas, etc. . .

MODALIDADES DE TRABALLO
● Traballos de pratería nos que se realizan diferentes creacións como: aneis, colares,
pendentes . . .
● Traballos de aleacións de distintos materiais e texturas empregando técnicas como
Kumboo, Mokume,Reticulacion e outras.
● Traballos de pratería nos que se incluen engarces de pedras.
● Traballos con fíos de prata de diferentes calibres, dándolle forma con alicates.

CREACIONS
As creacións que se mostran son pendentes, aneis, colares, pulseiras, etc . . .

PARTICIPACION EN FEIRAS E EXPOSICIONS
Nos últimos anos veño participando en distintos eventos no eido da artesanía tanto dentro
como fora da comunidade autónoma de Galicia, entre os que destacan:
● Feira de Artesanía PONTENADAL de Pontevedra. Varias edicións.
● ARTE DE MAN, Mostra de Artesanía de Allariz. Ano 2005.
● Mostra de Artesanía de Culleredo. Frecuencia anual.
● Mostra de Artesanía “Arte na Illa”, en Meira. Ano 2005.
● Exposición colectiva de joyas de autor organizada pola Asociación Española de
Joyería de Autor. Hotel Continental de Madrid. Decembro 2005.
● Exposición colectiva de xoiería creativa AMORAUTOR de Vigo. Febreiro 2006.
● Participación no VII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas convocada
pola Deputación de A Coruña. Maio 2006.
● Participación na exposición de Novos Creadores de PORTOXOIA 2006. Oporto.
Setembro 2006.
● Exposicion colectiva de Xoieria creativa “ATLANTICOY MEDITERRANEO” en
Valencia.Outubro 2007
● Participacion no desfile de Xoias organizado pola diseñadora Portuguesa Maria
Joao en Angola.Novembro 2007

FORMACION
● Curso de orfebrería. Universidade Popular de Vigo. Ano 2001.
● Curso de xoiería. Asociación de veciños do Calvario, Vigo. Ano 2002.
● Seminario de técnicas de aleacións e metales nobles. Escola Técnica de Joyería
del Atlántico. Vigo 2005.
● Curso de enfilado. Escola Técnica de Joyería del Atlántico. Vigo 2005.
● Curso de gemología. Escola Técnica de Joyería del Atlántico. Vigo 2005.
● Seminario monográfico sobre o diamante. Escola Técnica de Joyería del Atlántico.
Vigo 2006.
● Curso de fabricacion de Xoieria.Escola Técnica de Joyeria del Atlantico.Vigo.do
2005 ao 2007
● Curso de Diseño de Xoieria.Escola Técnica de Joyeria del Atlántico.Vigo 2007/08
● Seminario de Diseño de xoieria por ordenador co programa Rhino Zerox. Vigo 2008

EXPERIENCIA PROFESIONAL
● Desde Decembro do 2005 estou en posesion da CARTA DE ARTESAN,otorgada
pola Xunta de Galicia,co numero:3318.
● En Decembro do 2007 deime de alta no COLEXIO PROF.DE
XOIARIA,OURIVERIA,PRATERIA E XEMOLOXIA DE GALICIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario